Monday, January 23, 2006

VICTORIA IMPORTANTÍSIMA FRONTE O CHANTADA

A SD conseguiu onte unha traballada victoria fronte un rival directo para evitar o descenso e así de paso afastarse un pouco máis da zona perigosa da clasificación.
O encontro non gozou de moitas ocasións de gol por ámbalas partes pero sempro foi o Compos o equipo que máis tratou de xogar ao fútbol e tivo as mellores oportunidades de gol. Aínda así o único gol do encontro foi certificado por Luís nun rápido contrataque a mediados do primeiro tempo e que a postre significou a 2ª victoria blanquiazul en San Lázaro despois de case 4 meses.
Agora o equipo xogará na próxima xornada na vila veciña a Santiago como é Ordes para enfrontarse a SD Ordes que é un claro favorito ao ascenso de categoría e onde o Compos quere voltar a demostrar porque é o mellor equipo coma visitante.
Cabe resaltar que onte en San Lázaro houbo 200 siareiros apoiando en todo momento o equipo a pesar de que o encontro coincidía a mesma hora ca final de copa de fútbol sala na que había inmerso outro clube da cidade. Con todo os siareiros demostraron ser fieis a unhas cores e que o Kompos é un sentimento i eso prevaleceu sobre calquera outro interés, sin embargo no intre en que se coñeceu que o Lobelle quedará campión houbo unha pequena ovación e recoñecíase que este título era totalmente merecido. Dende este blog aproveitase a ocasión de felicitar aos campións polo seu éxito.

Thursday, January 12, 2006

CLAUDE CAUVY, INTERMEDIARIO FRANCÉS DE FUTBOLISTAS ESTÁ INTERESADO NA COMPRA DA SD

Según publicou o pasado 11 de Xaneiro o diario La Voz de Galicia nas suas páxinas deportivas, o intermediario e axente de futbolistas Claude Cauvy parece estar interesado na compra da SD para devolve-lo nun curto espazo de tempo á elite do balompé nacional.
Estamos a falar dunha noticia esperanzadora para tódolos siareiros do Kompos porque por primeira vez en moito tempo vislumbrase unha opción de poder "seguir con vida" e creo que a noticia poida ser interesante de cara a propia cidade aínda que moito me temo que saíran os politiquillos de turno a meter medo porque eles mesmos séntense perxudicados xa que teñen as contas ben botadas.
De todas formas a situación que hai actualmente é que somos un equipo de preferente con moitos atrancos para saca-los encontros adiante e cun importante compromiso éste sábado ( e non o domingo) contra o Santiago de Compostela C.F. Temos que volcarnos cos nosos xogadores e animalos máis ca nunca porque pase o que pase ca nova situación que se presenta eles son os que están defendendo con orgullo as nosas cores a pesar dos moitos problemas que se atoparon a tempada pasada e a presente. Por iso e para que quede constancia unha vez máis, temos que cantar e animar para que sigan dando todo polo clube, que eles tamén sinten ese escudo. FORZA KOMPOS!!!

Tuesday, January 10, 2006

VOLTAMOS A SANTA ISABEL PARA ENFRONTARNOS AO SANTIAGO

Este próximo domingo día 15 de Xaneiro a SD volta a que fora a súa casa durante moitos anos pero esta vez coma visitante. En fronte terá un equipo coas mismas cores, cun escudo similar e con moitos ex da SD nas súas filas coma pode ser o caso de Rodrigo Veiga RODRI, Santi Crego ou Otero.
Para este encontro Santi Feás non poderá contar con Mariscal que está sancionado trala súa estupida expulsión do pasado sábado nin tampouco cos lesionados Boquete e Brigos aínda que recupera a Choco tras cumplir sanción na pasada xornada.
Este é o derradeiro encontro da primeira volta e tal vez sexa o momento de facer unha primeira analise do que deu o equipo ata este intre. Atópase na 15º posición con 20 puntos (os mesmos que a tempada pasada o final da 1ª volta) sumando 5 victorias, 5 empates e 8 derrotas. Estes números son os esperados pero o comenzo do equipo facía presaxiar unha clasificación mais esperanzadora ca actúal tendo en conta que das 8 derrotas 6 foron na casa, tal vez sexa o handicap de non alcanzar a estas alturas de campionato unha clasificación máis honrosa.
A pesar de tódolos contratempos que poida haber, os siareiros do Kompos voltaremos a estar co noso equipo nun encontro onde se voltará a demostrar cal é o equipo da cidade por moito que traten de matar as nosas cores. A POR ELES!!! FORZA KOMPOS!!!