ENCONTRO DECISIVO O PRÓXIMO DOMINGO NO ESTADIO UNIVERSITARIO DE ELVIÑA.
Despois de sumar tan só un punto nos últimos tres partidos o Kompos está obrigado a gañar o próximo domingo fronte o Imperator en campo coruñés. Salientar que na primeira volta o Kompos perdera 0-1 en San Lázaro a pesar de dominar claramente o encontro e de mostrarse moi superior.
Para este trascendental encontro Santi Feás vai poder contar de novo con Luis despois de que cumprira o partido de sanción autoimposto fronte o As Pontes pero por contra non podera contar nin con Boquete (lesionado para toda a temporada) nin con Munín que é unha baixa moi sensible e que suele deixar moi orfa a defensa blanquiazul.
Según teño entendido habera de novo nas gradas un ambiente de festa por parte de moitos siareiros que se desplazaran a ver o encontro ata a capital herculina para alentar aos seus xogadores e así conquerir unha importantísima victoria. Confiemos en que así sexa. FORZA KOMPOS!!!

0 Comments:
Post a Comment
<< Home