Wednesday, March 01, 2006

SANTI FEAS PIDE O APOIO DA AFECCIÓN PARA O DOMINGO

O adestrador do Kompos pediu a través dos medios informativos que o próximo domingo a pesar de xogar perante o pechacancelas da clasificación que os afeccionados se acheguen ata San Lázaro a alentar o equipo na procura de acada-la permanencia canto antes e así non pasa-los apuros do ano pasado.
Fai este chamamento porque desexaría ter mais apoio popular dende a bancada a pesar de que entende que a situación actual non invita moito a pasarse polo estadio pero recorda a tódolos afeccionados que noutro tempo foron da SD que estes xogadores deixan a pel polo clube e merecerían ser homenaxeados con mais cariño e admiración da que reciben.
De todas formas deixa claro que os siareiros que van domingo tras domingo son fieis e que sempre estan animando sexa cal sexa o marcador e son dignos de mención e por eles luitan e seguiran facendoo para enchelos de orgullo.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home