EMPATE INXUSTO EN RIBEIRA
O Kompos volveu dala cara na capital do Barbanza realizando un encontro soberbio que por infortunio só lle serviu para lograr un empate a todas luces inxusto.
O encontro tivo un dominador claro dende o comenzo do mesmo e sempre foi a SD pero faltoulle acerto ante o marco local para levar para Santiago outro marcador mais favorable que tal como está a clasificación sería case definitivo para conquerir a permanencia. De todos modo cabe destacar o esforzo e a vontade de tódolos membros da plantilla da SD polo seu comportamento e esforzo realizado unha vez máis deixando constancia do seu compromiso coas nosas cores por iso dende aquí felicitalos e animalos a que continuen así xa que a permanencia está mais preto. Tamén felicitar a afección branquiazul que unha vez mais estivo ao carón do seu equipo e gracias aos seus cánticos o encontro tivo outra cor e os xogadores agradeceron os berros de ánimo. Gracias aos Fendetestas e Changos.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home