Friday, April 28, 2006

FRONTE AO BOIRO XÓGASE NA TARDE DO SÁBADO.

Encontro atractivo o que vai disputar o próximo sábado o Kompos fronte o Boiro no multiusos de San Lázaro. Tal vez non sexa o mellor día para unha boa afluencia de público aínda que tampouco nos vamos a enganar porque os veciños de Santiago abandoaron fai moito a SD. De todos modos cabe salientar unha vez mais que os que van xornada tras xornada deixan a gorxa en tratar de berrar e animar aos seus xogadores que ao final de cada encontro recoñecen saudando a sua afeizón.
O mais salientable deste enfrontamento contra o Boiro será a presenza no banco suplente a un ex compoñente do Kompos de Castro Santos e que agora realiza tarefas de adestrador no CD Boiro e que está conquerindo uns números increíbles. Tono será ben recibido pola que foi a súa afeizón pola sua dedicación e compromiso coas nosas cores, cabe salientar sen ir máis lonxe que ten moi presente o seu pasado e sempre que pode achégase a San Lázaro para ver os encontros da SD como así ocorreu o día de Xoves Santo cando nos enfrontamos ao Sada.
Volvendo o encontro, destacar que o Kompos quere seguir coa sua boa marcha nesta 2ª volta coma local e quere volver a dar un bó espectáculo aos seus siareiros e de paso asegurar a permanencia dunha vez por todas xa que os descensos en cascada poden dar mais de un susto.
Salientar tamén que o próximo desprazamento será a vila de Padrón que se atopa auns 20 km. da capital da Galiza e onde se espera facer unha festa tanto nas gradas do Souto coma polas propias rúas da vila padronesa cos canticos e as nosas cores. Sería bonito mellorar o do ano pasado onde a afeizón da SD dou mostras de fidelidade e orgullo. Andase falando de quedar os máximos posibles para facer unha comida alá por Padrón e así de paso ir quentando o ambiente pre-partido. FORZA KOMPOS!!!

Wednesday, April 05, 2006

ENCONTRO DECISIVO O PRÓXIMO DOMINGO NO ESTADIO UNIVERSITARIO DE ELVIÑA.

Despois de sumar tan só un punto nos últimos tres partidos o Kompos está obrigado a gañar o próximo domingo fronte o Imperator en campo coruñés. Salientar que na primeira volta o Kompos perdera 0-1 en San Lázaro a pesar de dominar claramente o encontro e de mostrarse moi superior.
Para este trascendental encontro Santi Feás vai poder contar de novo con Luis despois de que cumprira o partido de sanción autoimposto fronte o As Pontes pero por contra non podera contar nin con Boquete (lesionado para toda a temporada) nin con Munín que é unha baixa moi sensible e que suele deixar moi orfa a defensa blanquiazul.
Según teño entendido habera de novo nas gradas un ambiente de festa por parte de moitos siareiros que se desplazaran a ver o encontro ata a capital herculina para alentar aos seus xogadores e así conquerir unha importantísima victoria. Confiemos en que así sexa. FORZA KOMPOS!!!