Wednesday, May 10, 2006

DECEPCIÓN EN PADRÓN

Foi unha magoa, así pódese calificar o encontro do Kompos o pasado domingo no campo do Souto na veciña vila de Padrón. É triste ver xogar o equipo desa forma tan apática e vendo que foron moitos os siareiros que se desplazaron xa dende o mediodía para tentar de ir creando ambiente a un encontro que para todos era un pouco especial xa que pode ser a derradeira saída dos siareiros do Kompos (falta o encontro co Xove alá pero non se prevén moitos siareiros para ese encontro) e ademais había muitas gañas de festexar unha victoria en Padrón como acontecera a tempada pasada.
Cabe felicitar a tódolos siareiros desprazados que foron moitos xa que como se puido observar era maioría santiaguesa e non pararon de animar e alentar aos seus xogadores en ningún intre a pesar do pésimo encontro que realizaron. O Flavia gañou merecidamente no campo (na grada foron goleados sin paliativos) e agora soamente nos keda disfrutar da pouca tempada que falta para rematar ken sabe si tamén a nosa historia como clube pero non debemos descoidarnos xa que os arrastres son importantes e tal como está indo a cousa pode haber ata 7 descensos e iso nos perxudicaría muito pero esperemos que o equipo se poña as pilas de novo nestas 3 derradeiras xornadas. FORZA KOMPOS!!! ATA A MORTE!!!

0 Comments:

Post a Comment

<< Home