EMPATE SIN GOLES FRONTE O BOIRO
O Kompos volveu a deixar mostras o pasado sábado da calidade dalgúns xogadores que ten na sua plantilla xa que o encontro realizado polos adestrados por Santi Feás foi de notable alto pero faltou a guinda do gol e que nos dous últimos encontros estanos a pasar factura xa que non somos capaces de finalizar na rede as boas xogadas e triangulacións levadas a cabo. Para máis inri, Luis o único dianteiro que ten o equipo neste momento xa que Alberto atópase lesionado, picouse co lateral dereito do Boiro e autoexpulsouse no minuto 25 da primeira parte e deixando así o seu equipo con un home menos durante mais de unha hora. Pero esto non supuxo ningún baixón na forma de encarar o encontro xa que o Kompos dominou de principio a fin o encontro e tivo innumerables ocasións para poder marcar pero parece que a fortuna está resultando esquiva nestes intres.
Cabe felicitar os xogadores polo enorme esforzo realizado diante dun conxunto que se atopa na parte alta da clasificación aínda que non o demostrara o pasado sábado no multiusos de San Lázaro que por certo, o concello non lle debe importar moito o aspecto lamentable do terreo de xogo que é de pena para un estadio que ten só 13 anos e parece que tivera 40. O Kompos mentras tivo cartos coidou a perfección o seu estadio e o seu cespede para que fora a envexa de todos pero que lle imos a pedir a un concello que está desexando que desaparezamos do mapa, son unha vergoña e a pesar de sentirme compostelán non quero que esta xentuza me represente e así poida aproveitarse de todo o noso esforzo.
Tamén felicitar aos 200 siareiros que hobo en San Lázaro e que de novo se deixaron sentir cos seus cánticos dende a bancada. As veces pregúntome porqué non se lle dá a importancia que ten ter unha afeizón tan ruidosa e animosa coma a que temos domingo tras domingo en San Lázaro e que é a envexa de tódolos equipos que nos visitan. Digo isto porque a pesar de que estamos en preferente, agora está de moda o Lobelle a onde se achegan sobre 2000 persoas ata Sar pero que están caladas e só se escoita a un speaker que gañou un concurso e a unha peña chamada Manu-Boys que por certo tamén son fieis en San Lázaro; tamén está o baloncesto on de o Rosalía concentra cada venres en torno a 500 persoas que están en absoluto silencio salvo unha peña chamada inferno azul onde se concentran 20 ou 30 persoas. E xa non quero falar dos outros 2 conxuntos da cidade de fútbol que apenas levan xente e soen ser familiares dos xogadores e por suposto están calados de principio a fin. Estaría ben que dunha vez por todas se dignificara a actitude dos siareiros da SD que aínda que somos poucos en número deixámonos notar alí onde imos. FORZA KOMPOS!!!

0 Comments:
Post a Comment
<< Home