O DOMINGO NON PODEMOS FALLAR. FORZA KOMPOS!!!
Xa non quedan máis xornadas, temos que botar fora todo oque temos dentro e conquerir a victoria no derbi contra o Santiago. Tras 5 xornadas onde son conseguimos transformar un gol temos que voltar como sexa a ser o equipo alegre que tan ben xogou ao longo da tempada así que non podemos quedar aquí, imos todos a tirar do carro na mesma dirección para pechar a tempada de forma brillante. Equipo, corpo técnico, directiva e afección todos xuntos ímolo lograr pero temos que dalo todo xa que no será doado.
O derbi principiará o domingo as 6 da tarde en San Lázaro e o Santiago virá con gañas de revancha pero non temos medo xa que na primeira volta fomos capaz de ganarlle vindo tamén nunha situación complicada. Agora ben, eles veñen ca moral polas nubes xa que levan 9 encontros sen coñecer a derrota e iso é un dato a ter en conta pero tampouco preocupante xa que si a SD fai o que sabe estuo seguro de que solventará o encontro ao seu favor pero para iso hai que marcar gol e non fallar as clarísimas ocasións que estamos fallando e que nos están costando puntos.
Cabe salientar que a afección voltará a estar unha semana mais co seu equipo e consciente da importancia do encontro prepara un espectacular ambiente o domingo en San Lázaro e que seguro que os xogadores agradeceran. Dende estas liñas, facer un chamamento a toda familia compostelanista par que acuda a San Lázaro este domingo a alentar ao seu equipo, a SD, xk un último esforzo paga a pena. FORZA KOMPOS!!! APOR ELES!!!

0 Comments:
Post a Comment
<< Home