Monday, May 22, 2006

O DOMINGO NON PODEMOS FALLAR. FORZA KOMPOS!!!

Xa non quedan máis xornadas, temos que botar fora todo oque temos dentro e conquerir a victoria no derbi contra o Santiago. Tras 5 xornadas onde son conseguimos transformar un gol temos que voltar como sexa a ser o equipo alegre que tan ben xogou ao longo da tempada así que non podemos quedar aquí, imos todos a tirar do carro na mesma dirección para pechar a tempada de forma brillante. Equipo, corpo técnico, directiva e afección todos xuntos ímolo lograr pero temos que dalo todo xa que no será doado.
O derbi principiará o domingo as 6 da tarde en San Lázaro e o Santiago virá con gañas de revancha pero non temos medo xa que na primeira volta fomos capaz de ganarlle vindo tamén nunha situación complicada. Agora ben, eles veñen ca moral polas nubes xa que levan 9 encontros sen coñecer a derrota e iso é un dato a ter en conta pero tampouco preocupante xa que si a SD fai o que sabe estuo seguro de que solventará o encontro ao seu favor pero para iso hai que marcar gol e non fallar as clarísimas ocasións que estamos fallando e que nos están costando puntos.
Cabe salientar que a afección voltará a estar unha semana mais co seu equipo e consciente da importancia do encontro prepara un espectacular ambiente o domingo en San Lázaro e que seguro que os xogadores agradeceran. Dende estas liñas, facer un chamamento a toda familia compostelanista par que acuda a San Lázaro este domingo a alentar ao seu equipo, a SD, xk un último esforzo paga a pena. FORZA KOMPOS!!! APOR ELES!!!

Wednesday, May 10, 2006

DECEPCIÓN EN PADRÓN

Foi unha magoa, así pódese calificar o encontro do Kompos o pasado domingo no campo do Souto na veciña vila de Padrón. É triste ver xogar o equipo desa forma tan apática e vendo que foron moitos os siareiros que se desplazaron xa dende o mediodía para tentar de ir creando ambiente a un encontro que para todos era un pouco especial xa que pode ser a derradeira saída dos siareiros do Kompos (falta o encontro co Xove alá pero non se prevén moitos siareiros para ese encontro) e ademais había muitas gañas de festexar unha victoria en Padrón como acontecera a tempada pasada.
Cabe felicitar a tódolos siareiros desprazados que foron moitos xa que como se puido observar era maioría santiaguesa e non pararon de animar e alentar aos seus xogadores en ningún intre a pesar do pésimo encontro que realizaron. O Flavia gañou merecidamente no campo (na grada foron goleados sin paliativos) e agora soamente nos keda disfrutar da pouca tempada que falta para rematar ken sabe si tamén a nosa historia como clube pero non debemos descoidarnos xa que os arrastres son importantes e tal como está indo a cousa pode haber ata 7 descensos e iso nos perxudicaría muito pero esperemos que o equipo se poña as pilas de novo nestas 3 derradeiras xornadas. FORZA KOMPOS!!! ATA A MORTE!!!

Friday, May 05, 2006

DOMINGO 7 DE MAIO AS 18:00 NO CAMPO DO SOUTO FLAVIA-KOMPOS

En fin, xa chegou o gran día onde imos tentar de "reventar" o campo do Souto de Padrón. Espérase gran afluencia de siareiros da SD, é un deses encontros que por rivalidade están marcados no calendario xa dende comenzos de tempada.
As peñas Fendetestas e Changos teñen previsto acercarse xa a hora do xantar para ir quentando o ambiente do que poden ser as últimas horas do noso Kompos, de todos modos os siareiros unha vez mais van dar o máximo para dar colorido de festa a este encontro e disfrutar dunha tarde de fútbol na capital do sar.
Dende esta páxina animar a todos a viaxar ata Padrón con camisetas, bufandas, bandeiras, etc. e así poder crear un ambiente parecido o do ano pasado e así axudar o equipo a conquerir a permanencia. FORZA KOMPOS!!!

Monday, May 01, 2006

EMPATE SIN GOLES FRONTE O BOIRO

O Kompos volveu a deixar mostras o pasado sábado da calidade dalgúns xogadores que ten na sua plantilla xa que o encontro realizado polos adestrados por Santi Feás foi de notable alto pero faltou a guinda do gol e que nos dous últimos encontros estanos a pasar factura xa que non somos capaces de finalizar na rede as boas xogadas e triangulacións levadas a cabo. Para máis inri, Luis o único dianteiro que ten o equipo neste momento xa que Alberto atópase lesionado, picouse co lateral dereito do Boiro e autoexpulsouse no minuto 25 da primeira parte e deixando así o seu equipo con un home menos durante mais de unha hora. Pero esto non supuxo ningún baixón na forma de encarar o encontro xa que o Kompos dominou de principio a fin o encontro e tivo innumerables ocasións para poder marcar pero parece que a fortuna está resultando esquiva nestes intres.
Cabe felicitar os xogadores polo enorme esforzo realizado diante dun conxunto que se atopa na parte alta da clasificación aínda que non o demostrara o pasado sábado no multiusos de San Lázaro que por certo, o concello non lle debe importar moito o aspecto lamentable do terreo de xogo que é de pena para un estadio que ten só 13 anos e parece que tivera 40. O Kompos mentras tivo cartos coidou a perfección o seu estadio e o seu cespede para que fora a envexa de todos pero que lle imos a pedir a un concello que está desexando que desaparezamos do mapa, son unha vergoña e a pesar de sentirme compostelán non quero que esta xentuza me represente e así poida aproveitarse de todo o noso esforzo.
Tamén felicitar aos 200 siareiros que hobo en San Lázaro e que de novo se deixaron sentir cos seus cánticos dende a bancada. As veces pregúntome porqué non se lle dá a importancia que ten ter unha afeizón tan ruidosa e animosa coma a que temos domingo tras domingo en San Lázaro e que é a envexa de tódolos equipos que nos visitan. Digo isto porque a pesar de que estamos en preferente, agora está de moda o Lobelle a onde se achegan sobre 2000 persoas ata Sar pero que están caladas e só se escoita a un speaker que gañou un concurso e a unha peña chamada Manu-Boys que por certo tamén son fieis en San Lázaro; tamén está o baloncesto on de o Rosalía concentra cada venres en torno a 500 persoas que están en absoluto silencio salvo unha peña chamada inferno azul onde se concentran 20 ou 30 persoas. E xa non quero falar dos outros 2 conxuntos da cidade de fútbol que apenas levan xente e soen ser familiares dos xogadores e por suposto están calados de principio a fin. Estaría ben que dunha vez por todas se dignificara a actitude dos siareiros da SD que aínda que somos poucos en número deixámonos notar alí onde imos. FORZA KOMPOS!!!